O xornalista Chris Beeson, de visita no Náutico Rodeira

O xornalista irlandés Chris Beeson estivo de visita nas instalacións do RC Náutico Rodeira a pasada semana. O motivo da súa viaxe desde o seu país natal ata as Rías Baixas non foi outro que a obtención de diverso material para a realización dunha reportaxe sobre a costa galega que nun dos seus próximos números publicará a prestixiosa revista naútica "Yatching Monthly". Portonovo, Vigo e Cangas do Morrazo foron as tres paradas elixidas polo xornalista, quen realizará unha fantástica promoción destes enclaves como portos de referencia.

 

O irlandés Peter Haden, patrón do iate Papageno, amarrado no Porto Deportivo de Cangas do Morrazo, exerceu de anfitrión con Beeson. Tamén, membros da directiva do club, como o presidente Juan C. Rodríguez ou a vicepresidenta Gabriela González, ofreceron unha calurosa benvida á comitiva.

 

Tras unha primeira toma de contacto en O Faro, Beeson e Haden puxeron rumbo ás Illas Cíes. Durante a tarde de navegación, na que gozaron de moi boas condicións, tomáronse as diferentes instantáneas que se publicarán no magacín. Despois de visitar o Náutico de Vigo, Beeson e Haden regresaron a Cangas para gozar dunha gran velada e dos produtos típicos da zona.

 

 Chris Beeson (centro), acompañado de Juan C. Rodríguez (esq.) e Gabriela González (dereita), en O Faro / ©G.N.

COLABORADORES

             

 

      

      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer